O CPEIG rende homenaxe á Informática e aos seus profesionais
xoves, 2 de xuño do 2016
As colexiados e colexiados do Colexio Profesional de
EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG) reúnense mañá venres en Santiago de
Compostela na Noite da EnxeñarÃa
en Informática de Galicia para poñer de relevo o papel da informática e dos
seus profesionais na sociedade actual.
Baixo a presidencia de Fernando Suárez, máximo representante do CPEIG, o evento
contará cun cóctel de benvida, a entrega dos galardóns anuais do Colexio e unha
cea de gala. A estrela televisiva Leo Harlem actuará como mestre de cerimonias
nun evento que congregará máis de 300 persoas, exemplo da Galicia innovadora.
Empresariado, representantes públicos e colexiados daranse cita no
Hotel-Monumento San Francisco.
Os galardoados na oitava edición da Noite da EnxeñarÃa en Informática de
Galicia son:
- Premio Proxecto Fin de Carreira: MarÃa
GarcÃa GarcÃa polo proxecto Estratexias transaccionais para lograr
High-Perfomance en aplicacións JEE7. O obxectivo do traballo é maximizar a
eficiencia dos sistemas de transacción garantindo a integridade e consistencia
dos datos.
- Premio Iniciativa Emprendedora: a
empresa NLPgo, con sede en Bertamiráns (Ames), nace en 2015 coa vocación de ser
o apoio informático necesario para calquera lingüista ou grupo de lingüistas
que non dispoñan do soporte informático suficiente para levar a cabo os
seus proxectos.
- Premio e-Inclusión: Fundación Vodafone
España, pola súa acción social, que realiza con proxectos apoiados en
desenvolvementos das TIC a prol das persoas maiores e das persoas con discapacidade
baixo o epÃgrafe Connecting for Good.
- Premio Ada Byron: Nieves
RodrÃguez Brisaboa, catedrática da Universidade da Coruña da área de Linguaxes
e Sistemas Informáticos, creou en 1996 o Laboratorio de Bases de Datos
(LBD,) declarado como grupo de investigación de excelencia pola Xunta de
Galicia, que dirixe desde entón.
- Premio Iniciativa da Administración:
ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria, polo seu proxecto Civil
UAVs Initiative. Esta iniciativa, centrada no sector dos avións non tripulados,
suporá un investimento de 115 millóns de euros, a creación de 600 empregos e a
mellora da concorrencia industrial galega.
- Premio Iniciativa Empresarial:
Autoridade Portuaria da Coruña, polo proxecto Smart Port A Coruña, desenvolvido
pola UTE Avante Emetel-Altia. O Porto da Coruña aposta por unha solución
tecnolóxica a medida que innova sobre solucións existentes e que inclúe
investigación e desenvolvemento de novas funcionalidades.
- Premio Traxectoria Profesional:
Patricia RodrÃguez Dapena, fundadora e CEO dunha empresa asentada en Vigo a
través da cal traballa en proxectos relacionados con satélites, coma o
Meteosat, e sectores como a automoción. Foi enxeñeira de software e de calidade
de software en diferentes empresas españolas e tamén foi staff da Axencia Espacial Europea en Holanda (ESTEC).
- Recoñecemento á Escola Superior de
EnxeñarÃa Informática da Universidade de Vigo polos seus 25 anos de
brillante traxectoria desde o campus de Ourense.
- Colexiado de honra: Alejandro Pazos
Sierra, catedrático da Universidade da Coruña cunha dilatada carreira profesional
como investigador, docente e xestor, é pioneiro en servirlle á medicina desde a
intelixencia artificial. Fundou o Grupo de Informática Biomédica (GIB),
pioneiro en España nesa área, na Universidade Politécnica de Madrid, e en 1990
o GIB na UDC, pioneiro en Galicia.
Todos os premiados recibirán unha estatuÃna conmemorativa, agás a gañadora do
Premio Proxecto Fin de Carreira, quen tamén recollerá un cheque por valor de
mil euros.
