O CSA da Cidade das TIC acollerá un cumio sobre intelixencia artificial
martes, 24 de outubro do 2023
A compañía especializada
en IA e ciencia de datos con sede en Narón, DataSpartan, organiza unha nova edición
do Corunna Innovate
Summit, evento sobre a Internet das Cousas, a ciencia de datos e
intelixencia artificial que terá lugar os vindeiros días 26 e 27 no
recentemente inaugurado Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC.
Estas xornadas buscan un achegamento a tecnoloxías que están a ter un grande
impacto social e empresarial nos últimos tempos, e conta con destacados
relatores que ilustrarán sobre temas de grande interese como a investigadora Amparo
Alonso (UDC), o científico informático Paco Nathan (Derwen.a), o experto en aprendizaxe
automático antagónico Luis Muñoz-González (Telefónica Research), enxeñeiro de
telecomunicacións Lois Orosa (CESGA), en enxeñeiro de software de IA Bruno
Cabado (Cinfo), o empresario José Manuel Maseda (Wapping) a enxeñeira de
telecomunicación Laura Pereira Maurí (Inova), o enxeñeiro informático Salman
Huassain (Zeed), a experta en lingüística comparada Natalia Elvira (Argilla), o
enxeñeiro de telecomunicacións Roberto Pérez (Clúster TIC Galicia) e mesmo o
director da Cidade das TIC, Alfonso Martínez.
A primeiro día do cumio as actividades limítanse a un par de relatorios entre
as cinco e seis e media da tarde impartidos por Luis Muñoz González e Natalia
Elvira respectivamente, mentres que no segundo repartiranse distintos
relatorios ao longo da mañá e á primeira hora da tarde, aproveitándose a
ocasión para que os asistentes poidan coñecer en profundidade o proxecto da
Cidade das TIC.