O Campus de Vigo acolle a partir do dÃa 5 un encontro sobre internacionalización e redes sociais
mércores, 29 de febreiro do 2012
- Parte da fachada do Edificio Miralles do Campus de Vigo, sede do evento
O Edificio Miralles do Campus Vigo vai acoller entre os dÃas 5 e 9 de marzo un encontro sobre internacionalización que terá no estudo das redes sociais e das súas vantaxes para abrir mundos e mercado un dos seus piares temáticos principais. É dicir, farase fincapé nas ferramentas 2.0 como recursos especialmente axeitados para chegar a tódolos recantos sen necesidade de estar. Falamos da xuntanza Staff Training Week, na que participarán arredor de 50 especialistas na materia de máis de unha ducia de paÃses: Polonia, Francia, Italia, Eslovenia, Finlandia, Portugal, RomanÃa, Austria, Alemaña, Noruega, PaÃses Baixos, TurquÃa e HungrÃa.
Da man da Oficina de Relacións Internacionais, o foro, como dixemos, xirará arredor do papel que están a ter as novas tecnoloxÃas da información na internacionalización dos centros de ensino superior. Cun programa organizado en catro bloques fundamentais, a xornada primeira servirá entre outras cousas como toma de contacto, incluÃndo unha benvida do reitor, a intervención do vicerreitor de Relacións Internacionais e unha presentación da Universidade, que se complementará cunha visita as instalacións do campus.
O resto da semana dividirase xa por paneis temáticos. O martes o tema central serán as redes sociais; o mércores, a televisión e os medios audiovisuais no ámbito da educación e da promoción das universidades; o xoves, as estratexias de comunicación nun mundo conectado e, xa o venres, as dobres titulacións.