O Clúster do Ecommerce Galego convida aos profesionais do seu sector a compartir experiencias
luns, 10 de marzo do 2025
O Clúster do Ecommerce Galego quere xuntar a profesionais do comercio electrónico e do márketing dixital de Galicia no PALEXCO da Coruña o vindeiro xoves pola mañá nas súas terceiras xornadas de comercio electrónico que levan por nome Erros x Aprendizaxes.
Directivos, emprendedores e profesionais con negocios en liña que queiran aprender das experiencias reais doutros poden acudir a este encontro que promete un ambiente profesional, inspirador e cun toque creativo, que rematará cun almorzo networking para facilitar o establecemento de conexións con outros profesionais do sector.
PROGRAMA DA XORNADA
9:15 – Apertura de portas
9:45 – Inicio do evento
9:50 – Presentación oficial Clúster do Ecommerce Galego
Xosé Luis Reza, Presidente do Cluster do Ecommerce Galego
9:55 – Presentación oficial – Deputación A Coruña
Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña.
10:00 – Erros e aprendizaxes – Granxa de Xanceda
Sara Torreiro, Responsable de Marketing e Comunicación en Granxa de Xanceda.
10:20 – Erros e aprendizaxes – Cero de Costa
Yago Fernández, responsable de Márketing e Ecommerce en Cero de Costa.
10:40 – Erros e aprendizaxes – Dinahosting
Iván Expósito, responsable de atención ao cliente, xestión de equipos técnicos e produtos.
11:00 – Accesibilidade web: transformando erros en oportunidades de inclusión
Alfonso MartÃnez, Desenvolvemento de Negocio Europa de A11Y Solutions
11:30 – Café networking
12:00 – Erros e aprendizaxes – Correos
Miguel Angel Vilariño Fuentes , subdirector comercial.
12:20 – Erros e aprendizaxes – Ecoballution
Carlos MartÃnez, Fundador de Ecoballution
12:40 – Erros e aprendizaxes – El amasadero
Rodrigo Varela, Ecommerce Manager en El amasadero
13:00 – Cando buscar non é atopar: Como transformar a experiencia de compra con Motive.co
Carla GarcÃa, Business development at Motive.co
13:20 – Pets & Vets
Lorena GarcÃa, Founder & CEO en Pets & Vets
13:40 – Entrevista: Food for Joe. Pep x LÃa.
Josep Casas, CEO en Food for Joe
14:00 – Xantar & Networking
VÃdeo no que podemos ver como foi a anterior edición de Erros x Aprendizaxes