O CocidoDay chegará á súa 4ª edición o 11 de marzo

xoves, 19 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Comeza a quecer motores un dos eventos gastronómicos con maior impacto na Internet, o Día Internacional do Cocido #CocidoDay, que celebrará a súa cuarta edición o vindeiro sábado 11 de marzo, cando centos de persoas xuntaranse ao redor de pratos de cocido espallados tanto por toda a xeografía española como noutros currunchos do mundo, reflectindo a celebración nas redes sociais a través do cancelo #CocidoDay.
Este encontro ten especial impacto en restaurantes e fogares de Galicia, con degustacións de bos pratos de cocido en todas as súas formas e variedades, existindo unha listaxe oficial de restaurantes adheridos á iniciativa, aínda que non é preciso formar parte desta rede oficial para participar deste evento gastrosocial que ano tras ano consegue converterse en Trending Topic durante a hora do xantar.
As expectativas son altas, xa que, segundo lembra un dos seus organizadores, Frenchi Ouviña, en 2016 «superamos as cifras de datos anteriores, de novo convertemos o cancelo en Trending Topic en Twitter na hora punta do mediodía e a difusión en medios superou todas as expectativas posibles».