O Cocktail 4.3 axuda a eliminar troianos do Mac
xoves, 12 de febreiro do 2009
Os usuarios de
Mac OS X poden optar por adquirir a aplicación Cocktail 4.3
(Leopard Edition) por 14,95 dólares (10,92 euros) para poder facer
uso de avanzadas funcións de Unix no seu Mac,
que axudan na configuración, reparación e limpeza do sistema operativo,
que nesta última versión gaña moito interese por incorporar tamén opcións de borrado
dos troianos máis comúns (Services.A, iServices.B, RSPlug.A,
Jahlav.A, Leap.A, Astht.A, Astht.B ou PokerStealer) o que incrementa o
atractivo desta aplicación que na actualidade está instalada en máis de 200.000
equipos de todo o mundo.
