O Commodore 64 cumpre hoxe 30 anos
mércores, 1 de agosto do 2012
En xaneiro de 1982 puido verse no Consumer Electronics Show
(CES) amosouse un ordenador persoal moi prometedor que non chegará ao mercado
ata o mes de agosto, o Commodore 64 (C64), de xeito que agora podemos celebrar o 30º
aniversario do seu lanzamento, no que foi, xunto co ZX Spectrum, un dos
grandes expoñentes da informática doméstica grazas a chegar ao público a un
prezo asumible. O equipo de Commodore estreouse con 64 Kbytes de RAM (de aà o
seu nome) a un prezo de 595 dólares, conseguindo moi boa aceptación nos EE.UU.,
mentres que en Europa o feito de que o Spectrum de Sinclair conseguise
funcionar mellor grazas a contar cun prezo moi inferior (a cuarta parte no caso
do ZX Spectrum de 48 Kbytes).
O Commodore 64 era un equipo realmente destacable para a súa época, que
conseguiu venderse a un prezo moi inferior os ordenadores persoais profesionais
da época grazas a que o seu fabricante desenvolvÃa e fabricaba os seus propios
chips. Pero o C64 non competiu realmente co IBM PC, senón que os seus
principais rivais eran as consolas de videoxogos, ás que podÃa facer fronte
grazas a contar con 16 cores en pantalla, gráficos optimizados para xogar
(podÃa controlar sprites por hardware
e incluso integran funcionalidades de desprazamento) e un chip con 3 canles de
son. De todos os xeitos, as súas facilidades para xogar non foron máis que un
catalizador para a súa popularización, sendo un axente crucial na adopción
doméstica da informática, polo que a súa contribución foi moi importante á
aceptación social dos ordenadores na nosa vida diaria.
