O EBE acolle o acto de entrega dos Premios Bitácoras.com 2009

luns, 16 de novembro do 2009 Marcus Fernández

O galego Víctor Grande presentou o encontro acompañado por EBElina

A pasada fin de semana máis de 1.200 blogueiros xuntáronse en Sevilla para celebrar a cuarta edición do Evento Blog España (EBE), coincidindo co décimo aniversario de Blogger e contando co galego Víctor Grande coma un dos seus presentadores.
Os temas a tratar durante as dúas xornadas do encontro foron bastante diversas, con relatorios sobre a xestión da vida na crise, a web en tempo real ou o estado da blogosfera, entre outros, aínda que o momento estelar sería a entrega dos Premios Bitácoras.com 2009, certame que contou con 37.141 votos e 8.457 blogs nomeados, resultando gañadores os seguintes cadernos de Internet:
· Microblogger do Ano: m0d
· Mellor Blog Persoal: ThinkWasabi
· Mellor Blog Tecnolóxico: ALT1040
· Mellor Blog de Negocios: Gurusblog
<a href="http://www.flickr.com/photos/wicho/4105614188/">Foto de grupo</a> dos galardoados nos Premios Bitácoras.com 2009· Mellor Blog de Educación: Yoriento
· Mellor Blog de Viaxes: Crónicas de una cámara
· Mellor Blog de Software e Seguridade: aNieto2K
· Mellor Blog Gastronómico: Javi Recetas
· Mellor Blog de Humor: Palomitas y Maíz
· Mellor Blog Político: Escolar.net
· Mellor Blog Cultural: Maikelnai’s Blog
· Mellor Blog Periodístico: Blog de Enrique Meneses
· Mellor Blog Deportivo: Información Deportiva
· Mellor Fotolog: Cristina Granados Photoblog
· Mellor Podcast: Kafelog
· Mellor Videoblog: Malviviendo
· Mellor Blog Social-Medioambiental: S.O.S. Paisajes de Mar
· Mellor Blog do Público: Flapa
· Mellor Blog do Xurado: La Aldea Irreductible
· Premio Especial Honorario: José Luis Orihuela