O FWT xa conta cunha listaxe de 300 programas gratuítos en galego

luns, 23 de outubro do 2006 Marcus Fernández

O Freeware World Team é unha iniciativa que busca catalogar programas informáticos de balde, tanto en código aberto coma en código propietario, que conta cunha categoría dedicada exclusivamente a aplicacións en galego administrada por Xosé Antón Vicente Rodríguez, que vén de anunciar que a súa listaxe acadou o número 300.
Temos así unha boa referencia con 300 aplicacións informáticas en galego que van dende navegadores de Internet ata programas de intercambio de ficheiros, de xeito que os galegofalantes interesados poden contar así cunha fonte de recursos informáticos na súa fala, que medra día a día, e que completa así toda unha oferta de programas gratuítos que permiten conformar un escritorio informático completo na nosa fala.

PUBLICIDADE