O Firefox 3 chega á súa 4ª versión de proba
xoves, 13 de marzo do 2008
A Fundación Mozilla está a traballar duramente en mellorar o seu
navegador web de referencia, o Firefox, polo que están a desenvolver
paralelamente ó Firefox 2 o Firefox 3, que esta semana estreou a
súa 4ª versión beta, que pese a que continúa a estar repleta de erros (non
se recomenda o seu uso coma navegador principal) integran novidades que están a
ser moi ben recibidas coma a posibilidade de ampliar o tamaño en pantalla das páxinas
web (de xeito que a ampliación do texto tamén afecta ás imaxes) o que resulta
especialmente atractivo para usuarios de monitores de alta definición, un
xestor de memoria moi optimizado (que desbota a mala sona que tiñan o Firefox a
este respecto), mellora a velocidade na execución de aplicacións web e
incorpora un novo administrador de descargas.
Xa se pode descargar
esta nova versión para Windows, Mac OS X e Linux, e resulta esperanzador
ver cómo pese os fallos supón unha mellora dunha ferramenta de uso diario na
que parece que estaba todo feito.
