O Firefox 3 chega á súa versión candidata

luns, 19 de maio do 2008 Marcus Fernández

Páxina de benvida do Firefox 3 RC1

O navegador Firefox estase a achegar á súa versión 3, que presumiblemente verá a luz en xuño, e tras lanzar varias versión de probas, xa se pode descargar a primeira versión candidata deste programa, que mellora a súa interface dun xeito significativo.
O Firefox 3 Release Candidate 1 non só mellora a súa aparencia e incorpora novidades na súa barra de autocompletados, nos marcadores e na seguridade, senón que tamén xestiona mellor o uso da memoria do navegador de Mozilla (unha das súas principais eivas na versión 2) e xa presenta moitos menos fallos que as versións de proba anteriores, polo a RC1 é un programa moi semellante á versión definitiva, que só estaría pendente da depuración de pequenos erros.