O Firefox 3 sairá oficialmente o vindeiro martes
xoves, 12 de xuño do 2008

- Cartel que promociona o Firefox 3 coma se fose unha estrea cinematográfica
De xeito un tanto
sorprendente onte chegou unha terceira
versión candidata do Firefox 3 que só sae para Mac OS X, pois atoparon un fallo de seguridade
moi importante na RC 2, que só afecta a equipos coa ultima versión do sistema
operativo de Apple.
Curiosamente a poucas horas da publicación do Firefox 3 RC 3 a Fundación
Mozilla anunciou que a versión definitiva do Firefox
3 chegará o vindeiro martes, 17 de xuño, completando asà un traballo
de 34 meses ao que contribuÃron milleiros de persoas e que pretende estrearse
superando o anterior record de
descargas dunha aplicación informática en 24 horas, no que chaman o Download Day.
ConfÃrmase asà que a última versión candidata do Firefox 3 é o suficientemente
estable como para confirmar o novo navegador, que mellora de xeito moi
importante a súa interface, cunha presentación máis agradable e melloras na
xestión do historial e os favoritos, aÃnda que o que máis agradecerán os
usuarios é unha mellor xestión de memoria, polo que o Firefox 3 funciona mellor
e máis rápido que entregas anteriores.
