O Flock 2.0 xa se pode descargar en inglés
xoves, 16 de outubro do 2008

- Compartir fotografÃas en redes sociais é máis doado grazas a Flock
Os usuarios que
gusten do navegador Firefox da Fundación Mozilla e que fagan moito uso de
servizos da Web 2.0 poderÃan estar interesados na renovación dun navegador
alternativo nacido do propio Firefox, pero adaptado cunha serie de engadidos
que o axustan ás necesidades do usuario, o Flock 2.0.
Esta nova versión do navegador Flock
só está dispoñible polo momento en inglés para Windows, Mac OS X e Linux, e engade
integración con MySpace na súa barra lateral (que permite
relacionarnos cos nosos amigos en distintas plataformas de redes sociais),
soporte de RSS multimedia e modelos personalizables.
Este navegador fai moi doado compartir imaxes e vÃdeos a través da Internet,
inclúe un editor de entradas en blogs, notifica os correos novos recibidos a través
de contas de correo web, tamén conta con engadidos e a súa interface pódese
personalizar.
