O Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo chegará ás súas XIX edición en marzo
venres, 18 de xaneiro do 2019
O Foro Tecnolóxico de
Emprego da Escola de EnxeñarÃa de Minas e EnerxÃa da Universiade
de Vigo celebrará a súa XIX edición entre os dÃas 13 e 15 de marzo, grazas ao
traballo de 19 coordinadores e 50 estudantes que unen esforzos dende o pasado
mes de outubro para levar adiante esta cita para o alumnado das escolas de enxeñarÃa
do campus de Vigo e empresas.
Na pasada edición participaron 50 empresas e entregáronse preto de 2.000
currÃculos. O obxectivo deste ano é superar esas cifras e dende a organización
móstranse satisfeitos co traballo realizado durante estes meses na procura
desta meta.
Ademais de conferencias e obradoiros, o foro contará de novo coa presenza de
postos de diferentes empresas nos que as persoas asistentes poderán entregar os
seus currÃculos, ofrecéndolle ao alumnado a oportunidade de establecer contacto
directo cos seus futuros empregadores. Nestes momentos son arredor de 20 as
firmas que xa confirmaron a súa participación, pero o prazo de inscrición
non remata ata o dÃa 2 de febreiro e a maiorÃa acostuman a anotarse durante o
mes de xaneiro.
De entre todos os currÃculos que o alumnado entregou no foro do ano pasado,
moitos deles conseguiron grazas a isto a súa primeira experiencia laboral.