O Forum Orienta 2008 albergará simulacros de realidade virtual
mércores, 12 de marzo do 2008
A ConsellerÃa de Educación vén de presentar a nova edición dun encontro encamiñado a amosarlle ó mundo as posibilidades do ensino superior en Galiza. Trátase de Forun Orienta 2008, xuntanza programada para os dÃas 8, 9, 10, 11, 12 e 13 de abril no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) e que xorde co obxectivo de deixar pegada no eido real (a través de relatorios, visitas guiadas ou premios a celebrar no dito recinto) e tamén no virtual. No primeiro dos planos (o real), o programa do encontro -que conta coa colaboración de Caixanova e as tres universidades galegas, CiUG e Medio Ambiente- inclúe novidades como as visitas organizadas a dous barcos da Escola de Náutica da Coruña ou a celebración da entrega de premios Fin de Carreira de Galicia ós alumnos con mellores expedientes.
No que se refire ó ámbito das novas tecnoloxÃas, a edición 2008 do Forum acollerá simulacros de realidade virtual, loitas de robots e actividades relacionadas coa investigación mariña.
Como dixemos, a finalidade deste evento, que o ano pasado se celebrou por primeira vez en Santiago de Compostela, é a promoción, achegamento e difusión da oferta de ensino superior en Galicia para o alumnado de bacharelato e de formación profesional dos centros de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
As liñas da xuntanza, que se prevé sexa visitada por máis de 12.000 persoas, xa se poden coñecer polo miúdo no seu espazo web.
