O GPUL organiza unha mapping party na Coruña
martes, 1 de xullo do 2008

- A Coruña vista no Open Street Map
A vindeira fin de semana o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux
organiza unha mapping party
ou festa
de mapeado, ou sexa, un encontro nos que persoas que conten con GPS
e/ou cámara dixital fotográfica e/ou coche percorrerán a cidade da Coruña
durante o sábado para recoller información xeográfica da vila para a súa
incorporación ao proxecto
Open Street Map.
O evento está aberto a todo o que queira facer a súa achega a este interesante
proxecto de mapas abertos e colaborativos.
