O GlobeSurfer X·1 permite compartir por Wi-Fi unha conexión 3G

luns, 16 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Mentres Telefónica anuncia que venderá o Novatel MiFi 2352 en España, Option presenta o seu GlobeSurfer X·1, un router Wi-Fi que en vez de conectarse á rede de cable ou de ADSL, inclúe un porto USB para conectar un modem 3G e poder compartir así a súa conexións a través de Wi-Fi, incluíndo tamén un segundo porto USB para conectar un disco duro ou unha impresora e así compartir o periférico con outros equipos en rede.
O dispositivo non precisa dunha complicada instalación, pois se accede ao mesmo directamente dende o navegador web, é capaz de establecer comunicacións sen fíos de ata 160 Mbps (empregando os estándares IEEE 802.11b/g/n con soporte MIMO) e haberá que ver o seu prezo para ver se é unha opción axeitada para os usuarios que queiran compartir a súa conexión de banda larga móbil entre varios equipos.

PUBLICIDADE