O Goberno de Chile interésase pola estratexia de inclusión dixital da Xunta
xoves, 21 de abril do 2016
A directora da AMTEGA, Mar Pereira, recibiu hoxe a Rosa
Neira, xefa de Gabinete da Dirección Sociocultural do Goberno de Chile, quen achegouse
a Galicia para coñecer en detalle a estratexia de inclusión dixital da
Administración Autonómica galega e o proceso de implantación da rede CeMIT.
Tras a xuntanza, Rosa Neira visitou a aula CeMIT de Santiago
para ver in situ o funcionamento dun dos 98 centros integrados na Rede, presente
en 94 concellos e nas 53 comarcas galegas, e que ofrece formación dixital
gratuÃta a toda a poboación.
A AMTEGA puxo en marcha a Rede en 2011 conseguindo que, a
dÃa de hoxe, todo galego teña un aula dispoñible a media hora de distancia do
seu fogar. Nestes cinco anos, impartÃronse a través das aulas CeMIT máis de
186.000 horas de formación gratuÃta e conta con máis de 53.000 usuarios
rexistrados
As actuacións de CeMIT compleméntase desde 2012 coas
medidas do Programa de Voluntariado Dixital, do que se beneficiaron más de
18.000 persoas e no que colaboran máis de 460 voluntarios e 122 entidades.