O Google Pack deixa de lado o Firefox en favor do Chrome
luns, 15 de decembro do 2008

- O Firefox está desmarcado por defecto no Google Pack
O lanzamento do
Google Chrome fixo temer que o buscador máis popular do mundo fose deixando de
promover o uso do Mozilla Firefox coma navegador web a favor do seu propio
produto, e agora se confirman os peores prognósticos cunha modificación das
preferencias de descarga do paquete de aplicacións Google
Pack, que inclúe aplicacións coma Google Desktop, Picasa, Adobe
Reader, Google Earth ou a versión de proba do Norton Security Scan.
Agora, na versión en inglés (a española aÃnda está sen actualizar) deixa de
estar marcado por defecto o navegador Firefox
coa barra de Google e se
incorpora o Google Chrome (agora que non está en fase de beta). Non
se elimina a posibilidade de descargar o Firefox, pero se aparta considerándoo
unha aplicación opcional coma Skype ou RealPlayer, cando ata o momento se
consideraba fundamental e case imprescindible.

- A versión en español aÃnda inclúe por defecto o Firefox
Parece asà que Google vai comezar a tomarse en serio o seu propio navegador, e iniciará toda unha ofensiva contra o Internet Explorer, reducindo o seu apoio ao Firefox, o que poderÃa afectar substancialmente ao navegador de Mozilla, pois a Fundación que leva o seu proxecto de desenvolvemento achega a meirande parte dos seus fondos da propia Google.
