O II DataBeers GLZ celebrarase en Compostela con acento feminino
luns, 15 de maio do 2017
O vindeiro xoves ás 19:30 horas celebrarase en A Nave de Vidán (Santiago de
Compostela) a segunda edición de DataBeers
GLZ, evento que naceu
a primeiros de ano na Coruña e que busca contribuÃr á alfabetización en
material de datos, ámbito que está a mudar a nosa economÃa e a sociedade, polo
que resulta de grande interese ter unha maior comprensión do mesmo, sendo moi
asumible a materia a través destes eventos informais con charlas en formato
PechaKucha (intervencións que consistirán na sucesión de 20 imaxes durante 20
segundos cada unha) e cunha presentación sinxela (de xeito que non poderán
amosarse fórmulas matemáticas complexas ou código de programación). Amais, a
xornada estará acompañada pola cervexa que leva o encontro no seu nome,
deixando claro que estamos ante un encontro que busca o networking.
Desta volta intervirán no DataBeers GLZ a infografÃas de La Voz de Galicia
Alexia López co seu relatorio InfografÃa
ou como comunicar datos de xeito visual; MarÃa Pata, responsable de
Asesoramento e I+D de Biostatech falará de STAT
WARS: o espertar dos datos; Esther López, responsable de Comunicación e Información
do Instituto Galego de EstatÃstica, realizará unha presentación co tÃtulo E ti, es rural?; a co fundador de Situm
Indoor Positioning, Cristina Gamallo, falará de Geodata: dime por onde andas... e direiche como es; e finalmente a
responsable do Rexistro de Mortalidade do servizo de epidemioloxÃa do Servizo
Galego de Saúde, Sara Cerdeira, falará de como Decote conto mortos.
Esta actividade conta co patrocinio de Ipglobal e para acudir ao mesmo é
preciso inscribirse
de balde a través de Eventbrite.
