O ITG acolle unha xornada sobre a realidade estendida aplicada á industria
martes, 7 de novembro do 2023
O Instituto
Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Xoia Extended Reality celebran este xoves, 9 de
novembro, de 15:30 a 19:00, a I Xornada Industria
Estendida, na que as entidades ofrecerán formación especializada nas
tecnoloxías de realidade aumentada e realidade virtual aplicadas ao sector
industrial.
Este evento divulgativo, de carácter gratuíto e enmarcado no programa de
actividades da Oficina Acelera Peme do ITG, contará coa participación de
expertos de empresas como NTT Data, Detegasa, Texas Controls, Possible
Incorporated, ademais de ITG e Xoia, que falarán da súa experiencia neste
ámbito e como aplicación da tecnoloxía inmersiva está a transformar o sector
industrial.
Nun formato de mesas redondas, presentarase a tecnoloxía de realidade estendida
en base a casos de éxito prácticos, profundando no que achega á hora de
optimizar procesos e como é o proceso de implantación e xestión do cambio, así
como a súa integración con outras tecnoloxías. E ao finalizar a xornada, os
asistentes terán a oportunidade de probar casos de éxito reais e experimentar
con dispositivos de realidade aumentada e virtual.