O Magic Mouse sitúa a Apple coma o 3º vendedor de ratos informáticos
mércores, 30 de decembro do 2009
Os datos de
vendas do NPD Group desvelan que Apple
conseguiu dobrar a súa presenza no mercado dos ratos informáticos en só 8
semanas grazas ao novo Magic Mouse, que incorpora tecnoloxÃa multi-táctil
na súa superficie en vez de botóns ou da tÃpica roda de desprazamento, asà coma
establece comunicación co ordenador sen fÃos a través de Bluetooth, razóns que
están a instar aos maqueiros á súa
adquisición pese a que ten un prezo moi elevada por un produto deste tipo (véndese a 69 euros).
Os datos dos que falamos non incluirÃan ao ratos incluÃdos cos novos iMac (polo
que na práctica as vendas do Magic Mouse aÃnda serÃan maiores) e deste xeito
Apple conseguirÃa colocarse nunha terceira posición na venda de ratos, só
detrás de Logitech e Microsoft, superando a HP e a Targus, o que é un resultado
sumamente positivo que sorprende nunha categorÃa de produtos bastante
consolidada, aÃnda que haberÃa que advertir de que o Magic Mouse é un produto novo,
polo que tamén resulta normal que teña unhas vendas fortes, que poderÃan
suavizarse nos vindeiros meses.
