O NOS Day volve xuntar emprendedores galegos tras un par de anos en suspenso

luns, 12 de setembro do 2022 Marcus Fernández

O vindeiro 17 de setembro máis dun cento de persoas xuntarase no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela para escoitar a algúns dos emprendedores máis recoñecidos do panorama galego e internacional nunha nova edición do Northwest Startup Day (NOS Day).
O evento porá o foco no emprendemento, a tecnoloxía e como mudou todo coa pandemia. A conceptualización dun produto, como buscar investidores ou o futuro da investigación galega serán algúns dos puntos que se toquen durante este encontro que se define a si mesmo como unha sobremesa.
O seu programa recolle intervencións de persoas como Pilar Vila (Forensic & Security), Pepita Marín (We Are Knitters), Iker Marcaide (Fly Wire e Zubi Group), Paulo Rodríguez (Vanta), Desirée Teijeiro (Libera Bio), Carme Pampín (GalChimia), Santi Domínguez (Mestrelab) e Daniel Seijo (Diariomotor).
Como novidade, este ano ofrécese un servizo de lecer infantil a través de obradoiros STEM para os asistentes que desexen conciliar a súa vida familiar co NOS Day.

PUBLICIDADE