O Nero 9 chega con interesantes melloras

luns, 29 de setembro do 2008 Marcus Fernández

A popular aplicación de gravación de discos CD e DVD (e incluso de Blu-ray), Nero, chega finalmente á súa versión 9, incluíndo novas prestacións de edición e transcodificación de vídeo, autoría de DVD, streaming e copias de seguridade.
Entre as novidades está a mellora de Nero StartSmart para facer máis doada a realización de gravacións para un usuario novato, un mellor soporte de formatos de audio e vídeo (incorporando FLAC, Matroska e AVCHD), a función Ad Spotter que é capaz de identificar e eliminar os anuncios das nosas gravacións televisivas, unha aplicación que extrae a música de calquera clip de vídeo, un editor de vídeo a través de asistente (que integra transicións e músicas para eventos coma aniversarios, vodas ou vacacións), aplicación para ver a televisión a través da nosa tarxeta sintonizadora e unha solución de copias de seguridade que por unha tariaf adicional se poden almacenar na Internet.
O Nero 9 se vende por 69,99 euros en descarga ou a 79,99 euros na súa versión en soporte físico.

PUBLICIDADE