O Nokia 5800 XpressMusic será máis caro do anunciado
xoves, 6 de novembro do 2008
Hoxe apareceu
temporalmente na web de Nokia o seu terminal 5800 XpressMusic para a súa
reserva en cor azul ou vermella por 429 euros, o que está moi lonxe dos 279 euros que aseguraba a
compañÃa que custarÃa libre este terminal que combina reprodución
multimedia, GPS, navegación web e moitas outras caracterÃsticas máis propios de
terminais de alta gama (categorÃa na que non se agardaba que entrase este
móbil).
Agora Nokia confirma o novo prezo do móbil (que se comezará a vender o 1 de
decembro en España por parte de Movistar, aÃnda que a un prezo por confirmar
neste caso, xa que incluirÃa subvención da operadora) anunciando que para
compensar a suba de prezo se incluirá tamén un saldo de 100 euros para mercar
cancións na Nokia Music Store, o que deberá aclarar detalladamente a
compañÃa posto que anunciara que o móbil permitirÃa o acceso ilimitado de balde
ao catálogo de tal tenda electrónica durante todo un ano no que se deu en
chamar Comes With Music.
Con estas incógnitas no aire non sobra lembrar que o móbil de Nokia ten unha
pantalla táctil panorámica de 3,2 polgadas cunha resolución de 640 x 360
pÃxeles, cámara de 3,2 MpÃxeles con dobre flash LED, Wi-Fi, conectividade
UMTS/HSDPA, aGPS con Nokia Maps e navegación guiada por voz, lector de tarxetas
microSD (incluÃndo unha tarxeta de 8 Gb de serie), Bluetooth 2.0 e mesmo
navegación web con soporte de Flash, ou sexa, que o seu prezo parece máis que
xustificado, pero parece difÃcil de xustificar que a empresa finlandesa
anunciase un prezo moi inferior ao que
terá finalmente o terminal, e un incremento de prezo do 54% con respecto do
anunciado supón unha perda de credibilidade que poderÃa afectar moi
negativamente á compañÃa (xa que crearon unhas expectativas que agora os
consumidores ven frustradas). Agardemos que nos vindeiros dÃas se manifesten
publicamente sobre o asunto.