O Plan ÚNICO dotou de banda larga 124 fogares e negocios da Pobra do Caramiñal
luns, 11 de setembro do 2023
A
subdelegada do Goberno, María Rivas, trasladouse
o pasado 8 de setembro ata o concello da Pobra do Caramiñal para
coordinar xunto ao alcalde, José Carlos Vidal, o dispositivo de
seguridade das Festas de Nazareno, que se celebran até o 18 de
setembro. A subdelegada aproveitou
a súa visita para pór en valor os investimentos que, grazas ao Plan
de Recuperación, o Goberno levou a cabo nos últimos anos no
municipio.
Entre
eles destacou o proxecto de recuperación do bordo litoral da
Ribeiriña (actualmente en execución e que conta cun investimento de
800.000 euros, actuación que fixo posíbel xa a recuperación dos
terreos de dominio público marítimo terrestre, cedidos no seu día
á empresa da Onza de Oro e HADASA e que comprenden 5.500 metros
cadrados) ou as actuacións de posta en valor abeiradas ao Programa
de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP), que,
dotado con 1.355.911 euros,permitirá realizar as obras de
rehabilitación do centro de ensino IES da Pobra do Caramiñal.
María
Rivas lembrou tamén as axudas para eficiencia enerxética, 554.027
euros que permitiron a substitución da práctica totalidade da
luminaria do concello co consecuente aforro nos fondos das arcas
municipais.
A
subdelegada do Goberno tamén quixo valorar o esforzo do Goberno por
levar a banda larga aos 124 fogares e negocios da Pobra que unha
actuación que contou cun investimento de 31.111,78 euros dentro do
Programa UNICO do Ministerio de Asuntos Económicos.
Ademais,
María Rivas fixo fincapé no investimento de 25.439,40 euros
realizada polo Goberno en materia do Pacto de Estado contra a
Violencia de Xénero que ten como obxectivo consolidar e avanzar na
erradicación da violencia de xénero.
A
subdelegada do Goberno tamén aproveitou a súa visita á Pobra para
destacar os investimentos do Goberno no Barbanza, que xa superan os
34,4 millóns de euros. Rivas subliñou que o Ministerio de
Industria, Comercio e Turismo, destinou 6,4 millóns de euros á
comarca co obxectivo de avanzar cara a un turismo máis sustentábel
e moderno e impulsar a dixitalización do sector. Así, lembrou que a
Mancomunidade de Municipios do Barbanza, da que forma parte o
Concello da Pobra xunto cos de Boiro, Rianxo e Ribeira, obtivo
976.800 euros dentro da iniciativa Traslatio Experiencial. Ruta
Mar de Arousa río Ulla, destinada a dixitalizar e modernizar as
entidades locais que forman parte da Rede de Destinos Turísticos
Intelixentes do Camiño de Santiago para “mellorar a atención e
experiencia do peregrino na súa travesía”.
A
subdelegada tamén lembrou que actualmente se están a executar as
obras para mellorar a accesibilidade ao edificio do INSS coa
instalación dun ascensor novo e que tamén alberga a Biblioteca
Municipal. O investimento supera os 41.000 euros e está financiado
polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
Nesta
mesma liña, María Rivas destacou os 1,5 millóns de euros
concedidos á Mancomunidade para o desenvolvemento do seu Plan de
Sustentabilidade Turística, que pretende “reforzar a oferta de
turismo activo a través da oferta enogastronómica da comarca”.
Neste caso, recordou, o plan contempla o desenvolvemento dunha
experiencia inmersiva a través de Realidade Aumentada para mostrar a
transformación de industria de salgadura á conserveira no Barrio
dos Cataláns.
A
subdelegada tamén quixo destacar os investimentos realizados no
Concello de Ribeira, que ascenden a un total de 4,1 millóns de
euros, para mellorar a seguridade e a calidade de vida do municipio.
Este investimento divídese en 3,1 millóns de euros do Ministerio de
Interior, que foron destinados á construción dunha nova comisaría
de Policía para fortalecer e garantir os servizos de seguridade, e 1
millón de euros do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda
Urbana para actuacións de mobilidade sustentable que favorezan á
calidade de vida do municipio.