O Play TV para PS3 venderase a partir do 28 de marzo a 99,99 libras esterlinas

luns, 14 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A tenda electrónica británica Play.com incorporou ó seu catálogo o accesorio PlayTV para PS3, que permite converter á consola de Sony nun centro multimedia que permite gravar e ver a programación de televisiva tanto en definición estándar coma en alta definición, utilizar funcionalidades de PVR, consultar a guía da programación (EPG), cambiar de canle tanto co mando da consola coma co mando a distancia do Blu-ray e exportar os contidos á PSP mediante streaming.
A data de lanzamento, segundo Play.com, sería o día 28 de marzo, e o seu prezo de venda, 99,99 libras esterlinas (131,64 euros) o que podería coincidir co lanzamento en España a tenor de informacións anteriores (e tendo en conta que o trebello comercializado no Reino Unido funcionará tamén en España por funcionar baixo a norma PAL).