O SIMO de 2009 poderÃa celebrarse entre o 3 e o 8 de novembro
mércores, 14 de xaneiro do 2009
En 2008 a feira
SIMO non puido chegar á súa 48ª edición polo abandono dos seus principais
expositores, o que levou á cancelación do evento,
pero a organización aseguraba que en 2009 retomarÃan o encontro adaptándoo á
conxuntura económica actual e á crise que teñen as feiras tecnolóxicas a nivel
mundial, e aÃnda que non anunciaron a data do renovado evento, no calendario
anual de IFEMA publicado na súa web aparece o SIMO entre os dÃas 3 e
8 de novembro de 2009, o que non é ningunha confirmación (lembremos que o SIMO
de 2008 se cancelou con menos dun mes de antelación) especialmente ao ter en
conta que dende
o departamento de comunicación de IFEMA descoñecÃan a publicación das datas do
SIMO, asegurando que o calendario aÃnda non está pechado, aÃnda que procurarán
facilitar unha data oficial antes de rematar o mes.
