O WeTab adÃa o seu lanzamento ata mediados de setembro
xoves, 27 de maio do 2010
O mercado parece querer pórlle as cousas doadas a Apple e ao seu iPad, e os
moitos tablets previstos para os
vindeiros meses non paran de demorar os seus plans de comercializacións, unhas
veces porque non son capaces de rematar o produto a tempo para a súa
comercialización e outras para analizar previamente a acollida do iPad para
reaccionar posteriormente, o que está a decepcionar a moitos consumidores
interesados por produtos coma o WePad, que tras cambiar o seu
nome a WeTab, muda
tamén a súa data de lanzamento ata o 19 de setembro, segundo podemos ver na
súa ficha
en Amazon, o que fará desconfiar aos futuros compradores deste interesante tablet de Neofonie que
desafortunadamente ten uns prezos moi semellantes aos do iPad.
