O WebTV de Blusens renova a súa interface de uso
xoves, 8 de marzo do 2012
O popular dispositivo da galega Blusens que converte o
televisor nunha porta á Internet a a multitude de contidos audiovisuais
achegados dende dispositivos externos, a Rede ou a TDT de alta definición, o
WebTV, vén de actualizar o seu firmware, o que supón unha renovación da súa
interface de usuario (moito máis visual e intuitiva), do seu navegador web (que
permite a descarga e reprodución de arquivos directamente, dando a impresión
que se está fronte a pantalla dun PC, pois incluso incorpora fichas) e
incorpora a función picture-in-picture (PIP) que fai posible gozar de 2
contidos á vez (de xeito que podemos ver un vídeo de Internet a pantalla
completa mentres vemos nun pequeno recadro unha canle de TDT durante os
anuncios do noso programa favorito).
Esta revisión do WebTV tamén integra servizos de descarga/reprodución de
contidos baseados na Internet como Wupload, Uploaded.to, AllMyVideos.net e
Movshare, xunto con moitas outras melloras no funcionamento habitual do
dispositivo.
Dende Blusens tamén informan de que a popular aplicación MÁS SERIES, que facilita a visualización de contidos compartidos na
Internet directamente no televisor, conta cunha
nova versión dispoñible no Instalador de Aplicacións do WebTV.
- O Blusens web:tv incrementa as posibilidades dos televisores con conectividade coa Internet, reprodución multimedia e sintonización e gravación da TDT de alta definición