O Windows Vista SP1 non sairá ata 2008
xoves, 30 de agosto do 2007
Despois de moitos rumores e desmentidos, Microsoft
anunciou o calendario de actualizacións dos seus sistemas operativos, de xeito
que nas vindeiras semanas aparecerá a primeira versión de proba do Service Pack
1 para Windows Vista, que se distribuirá entre 10.000 usuarios escollidos pola
compañÃa e que servirá para mellorar a actualización que non
será pública ata 2008.
Segundo parece, a actualización de Vista non achegará grandes cambios, senón
que servirá principalmente para corrixir problemas presentados co sistema
operativo de Microsoft con peor acollida polas empresas dende Windows
Millennium.
Agárdase que o Vista SP1 sexa unha descarga bastante pesada (1 Gb) e precisarÃa
de 7 Gb de espazo de disco libre para a súa instalación. Tamén poderÃa incluÃr
soporte de formatos coma exFAT (para dispositivos de almacenamento extraÃble) e
EFI (unha tecnoloxÃa alternativa á BIOS dos ordenadores), pero as novidades non
sen coñecerán en profundidade ata que se superen as fases de proba da
actualización.
Tamén se confirma que Windows XP terá un Service Pack 3, do que non se coñecen
moitos detalles, pero que serÃa a derradeira grande actualización para o
sistema operativo que naceu en 2001.
