O Windows Vista en español xa circula polas redes P2P
luns, 27 de novembro do 2006
Moitos usuarios dos sistemas operativos de Microsoft queren probar o novo Windows Vista antes do 30 de xaneiro, polo que non sorprende que se filtrase unha versión en español na Internet, que se pode ter instalada durante 30 dÃas (tralos que serÃa precisa a súa activación legal) polo que algúns o descargarán para poder probar se os seus equipos executan satisfactoriamente o novo sistema.
Esta versión de 32 bits do Windows Vista permite asà un achegamento á versión definitiva de Vista en español, e non a unha versión de proba en inglés (que foi o que ata o momento se puido descargar legalmente), aÃnda que hai que advertir que o novo sistema de Microsoft inclúe moitas medidas de seguridade, de xeito que trala instalación os usuarios poderÃan ter serios problemas para continuar a empregar o sistema se non o adquiren legalmente nos seguinte 30 dÃas (o que poderÃa ser difÃcil, xa que non se venderá ata dentro de 2 meses) polo que entendemos que os usuarios que están a descargar esta copia só pretenden botar unha ollada ó que será o sistema operativo do futuro.
