O Word de Microsoft estrea ditado en portugués e español

mércores, 2 de xuño do 2021 Marcus Fernández

Dende hai tempo Microsoft integra no seu paquete ofimático a opción de ditado, que comezou polo inglés e que agora soporta tamén coreano, tailandés, polaco, hindi, ruso, italiano, francés, chinés, alemán e, no caso do portugués recoñece as variantes de Portugal e do Brasil e do español as de España e México.
A funcionalidade do ditado non só funciona nas aplicacións de escritorio de Office, senón tamén na versión web e en aplicacións móbiles, de xeito que podemos ditar documentos de Word en case calquera lugar no que poidamos acceder á Internet, facilitando así a captación rápida de ideas, a creación de borradores ou tomar notas directamente coa voz.
Cómpre advertir de que o ditado é de balde na web e no móbil, pero dende as aplicacións de escritorio é preciso contar cunha subscrición a Microsoft 365.

Vídeo promocional da incorporación de novas linguas ao ditado de Office

PUBLICIDADE