O Word para Mac OS X terá corrector de galego
luns, 29 de agosto do 2011
- Ata o momento a suite ofimática de Microsoft para Mac OS X carecÃa de corrector de galego
A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, aparte do novo dicionario en liña de pronuncia do galego, tamén está a promover e a apoiar outros recursos tecnolóxicos que contribúen á calidade da lingua e ao seu prestixio social, e que lle ofrecen á cidadanÃa novas oportunidades para sentirse máis segura traballando e comunicándose en galego. É o caso da nova versión do corrector lingüÃstico Galgo, da empresa ImaxÃn Software, que estará dispoñible proximamente. Esta nova versión implementarase nas aplicacións ofimáticas Office 2003, 2007, 2010 e, por primeira vez no contorno de Apple, tamén no Word para Mac.