O Yahoo! Messenger adáptase ao iPad 2

xoves, 19 de maio do 2011 Marcus Fernández

A aplicación Yahoo! Messenger para iOS estreou a versión 2.1 cun deseño optimizado para iPad, mellora na xestión de spam, corrixe numerosos erros e, principalmente, engade compatibilidade con chamadas de voz e videochamadas para o iPad 2.
Esta ferramenta facilita a mensaxería instantánea entre amigos, realizar chamadas de voz e vídeo con independencia de se estamos a usar un iPad, un smartphone ou un ordenador e compartir fotografías e vídeos cos contactos deste Messenger en tempo real.
A aplicación tamén permite facer chamadas telefónicas internacionais de baixo custo, funciona con Windows Live (de xeito que permite contactar cos usuarios de MSN Messenger) e soporta multi-tarefa (avisa da chegada dunha mensaxe incluso coa aplicación en segundo plano).
Amais, Yahoo! Messenger para iOS permite facer videoconferencias tanto a través de Wi-Fi como de 3G nun iPad ou nun iPhone 4, polo que convértese nun serio competidor de Skype e FaceTime.

A aplicación facilita a comunicación incluso cos usuarios de MSN Messenger

PUBLICIDADE