O Zune HD recibe boas crÃticas anticipadas
mércores, 5 de agosto do 2009
O lanzamento do
Zune HD é inminente nos EE.UU., pero dende
Cnet xa tiveron a oportunidade de probar o novo reprodutor multimedia portátil
de Microsoft, adiantando detalles do funcionamento deste trebello
que pretende bater ao iPod Touch, e que destaca pola súa pantalla táctil capacitiva
OLED de 3,3 polgadas cunha resolución de 480 x 272 pÃxeles, un procesador
nVIDIA Tegra, Wi-Fi e a posibilidade de reproducir vÃdeo en alta definición a
720p (que pode presentarse no televisor grazas a unha base con conexión HDMI).
Esta última función estarÃa apoiada polo Bazar de Xbox LIVE, que poderÃa
permitir que todos os seus contidos non estean dispoñibles só para a Xbox 360,
senón tamén para o prometedor Zune HD do que aÃnda non se coñecen os posibles
plans de comercialización en Europa (os modelos anteriores de Zune non chegaron
a exportarse).
Sobre a navegación por páxinas web, aseguran que é tan boa coma dende o iPhone,
contando coa súa mesma carencia (falta de soporte de Flash) e carecendo polo
momento da posibilidade de acceder a contidos de YouTube (o que dende o iPhone
xa está arranxado dun xeito que poderÃa replicar en breve o novo trebello de
Microsoft).
