O cine de animación invadirá A Coruña
mércores, 7 de decembro do 2022
Desde este venres 9 de decembro e até o sábado 17, A Coruña
converterase en a capital da animación e a creatividade coa sexta edición do Festival Animacción, un
festival internacional de cinema, único en Galicia, e un dos poucos en España,
centrado en exclusiva na técnica da animación cinematográfica, con proxeccións
e actividades relacionadas co sector.
Organizado anualmente, con data de celebración consolidada no
mes de decembro, está orientado á consecución de públicos amplos ao redor dunha
proposta de contidos coherente e definida.
A primeira edición naceu en 2017, sen máis pretensión que
ser unha proxección expositiva do talento e as posibilidades artísticas que
ofrecía o cinema de animación, e poder compartila coa poboación coruñesa.
Seis anos despois, Animacción afianza a súa aposta cun
programa amplo e cargado de citas imprescindibles para os amantes do sector,
comezando este mesmo venres, con dúas propostas moi atractivas:
– 17:00, Fnac: Charla con Fermín Solís
guionista da banda deseñadac Buñuel en el laberinto de las tortugas,
entre outras obras.
– 20:30, CGAI: Proxección da película Buñuel
en el laberinto de las tortugas.
- Programa de actividades