O creador de Cálico Electrónico impartirá un obradoiro de animación na Escola Unitaria
luns, 3 de abril do 2017
- Nikotxán durante unha charla impartida na Hobbycon de 2014
A
Escola Unitaria, sita na Calzada de San Pedro en Santiago de Compostela,
prepara para os dÃas 20 e 21 de maio un interesante curso de animación para
webseries con tecnoloxÃa Adobe Flash que impartirá Carlos Gómez Nikotxán, o creador da popular serie animada Cálico Electrónico e de moitas outras
obras como Las Crónicas Trol, Pésame Street ou os YouTurris.
O curso de
12 horas busca introducir á animación de personaxes cadro a cadro e por
interpolación de sÃmbolos, incluirá exercicios de sincronización de beizos e
actuación, incluirá a creación de multiplanos e aplicará as bases da animación,
de xeito que calquera afeccionado á animación que queira dar os seus primeiros
pasos terá unha excelente actividade que combina teorÃa e práctica.
Os interesados en acudir terán que levar o seu ordenador portátil co Adobe
Flash instalado, auriculares e tableta gráfica (para debuxar), asà como aboar
os 100 euros de inscrición que ten este obradoiro que só permitirá a participación
de 10 persoas.