O encontro informático de Mugardos chega á súa 5ª edición a finais de mes
mércores, 3 de setembro do 2008
Entre os dÃas 19
e 21 de setembro a Casa da Cultura de Mugardos acollerá o V Ciberencontro Concello de Mugardos,
unha xornada orientada especialmente ao Software Libre, aÃnda que se completa
con actividades de xogos, conferencias e mesmo unha laconada.
Esta
nova edición supón todo un reto para a organización, que agarda
xuntar a 65 participantes (que xa
se poden inscribir) e conta co apoio de institucións e empresas
(coma o Concello de Mugardos, a ConcellarÃa de Cultura e Mocidade, MYC,
Telefónica e Academia Postal).
Coma novidade o encontro contará cun ciclo de cine que se desenvolverá entre os
dÃas 19 e 20 ás 22:00 horas. Os torneos de xogos, pola súa banda, comezarán o
venres 19 ás 20:30 horas e rematarán no serán do domingo, sendo os xogos nos
que se competirá o Pro Evolution Soccer
2008 e o Call of Duty. Para
amenizar a xornada do sábado tamén terán un orixinal campionato de lanzamento
de hardware.

