O equipo italiano faise co trofeo Guitar Hero World Tour
mércores, 11 de febreiro do 2009
O Trofeo europeo Guitar Hero World Tour, que disputaron nos pasados días un
total de 30 equipos de sete nacionalidades (España, Portugal, Francia, Italia,
Suíza, Grecia e Bélxica) vén de anunciar o nome dos gañadores. Os italianos
Daniele Rebaudo, Lorenzo Binosi e Andrea Coralli, obtiveron 2.978.756 puntos
grazas ás súas “maxistrais
interpretacións” (ou a lo menos así llo pareceu aos responsables de Activision) dos temas Hot for teacher de Van Halen, Trapped
Ander ice de Metallica e BYOB de
System of a down, o que lles chegou para facerse co primeiro posto.
Os temas foron
interpretados en modo experto para os
instrumentos e difícil para a voz e
como premio cada un deles recibiu cadansúa televisión Full HD Toshiba de 52”.
O equipo español,
formado por Enric Llop, Roberto Carlos Bermúdez e Nahuel Nillhi quedou en
segunda Posición, con 2.568.333 puntos e o grupo de Francia formado por
Nicholas Letrung, Alexandre Roulet e Jeremy Paysasuni quedou en terceira
posición con 2.298.788 puntos.
