O ex-director de ElMundo.es anuncia un novo proxecto de xornalismo cidadán

xoves, 25 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Gumersindo Lafuente presentando Soitu.es en Colombia

Gumersindo Lafuente, quen fora director de ElMundo.es durante a etapa de maior crecemento da cabeceira dixital, prepara o lanzamento dun novo proxecto de xornalismo cidadán que presentou o paso mércores en Cartaxena de Indias (Colombia) co gallo dunha conferencia organizada por Google e a Fundación Nuevo Periodismo.
O novo proxecto construirase ó redor do portal Soitu.es que se estreará antes de rematar o presente ano, e que pretende xuntar a internautas con vocación xornalística, contando xa cunhas 20 persoas involucradas, e levándose a cabo nestas datas o proceso de contratación de periodísticas.
Lafuente asegurou que dende Soitu.es buscan «ser libres, provocadores, imaxinativos, útiles, cercanos» e mesturarse cos seus usuarios.

PUBLICIDADE