O festival SXSW sucumbe ante o COVID-19
venres, 6 de marzo do 2020
Tras a cancelación do MWC, a GDC, o F8 e o Google I/O, resultaba
incrible ver como dende a organización do South by Southwest (SXSW) seguÃan
na teima de celebrar o seu evento, pese a que a meirande parte das empresas
participantes manifestaran que non acudirÃan por mor do coronavirus. Pero finalmente
foi o propio Concello de
Austin quen decidiu que non podÃa celebrarse este encontro de profesionais
dos mundos do videoxogo, o cine e a música, de xeito que serÃa a primeira vez
en 34 anos na que non se celebrarÃa este evento no mes de marzo.
Dende o Concello entende que a cancelación do SXSW ten repercusións moi
negativas para numerosos profesionais e empresas que aproveitaban tal
oportunidade para conseguir certa proxección, e para numerosos negocios locais que
aproveitaban a grande afluencia de persoas á cidade, pero decidiron colocar a
seguridade nun primeiro plano, e polo momento só poden concretar que o SXSW non
terá lugar en marzo, sen desbotar a súa celebración máis adiante ou a
posibilidade de que algunhas das actividades previstas inicialmente poidan
realizar a través da Internet.
En
2019 acudiron ao SXSW un total de 73.716 persoas, das que 19.166 viñan de fóra
dos EE.UU., relación de asistentes que de repetirse na situación actual
serÃa unha grande irresponsabilidade.
Vindeiras cancelación
Queda agora por saber o que fará Apple coa celebración da
WWDC, que previsiblemente sexa o vindeiro evento anual que non chegue a
celebrarse por mor do COVID-19, aÃnda que nese caso aÃnda non se convocou o
congreso, polo que non serÃa unha cancelación propiamente dita, existindo tempo
dabondo para que tal encontro poida reformularse para que os profesionais que
tivesen previsto acudir poidan participar remotamente en numerosos relatorios e
obradoiros.
A situación de Apple non serÃa moi preocupante, mentres que a ESA si terÃa máis
difÃcil o caso da feira de videoxogos E3, prevista para os dÃas 9-11 de xuño,
xa que a cancelación do evento fÃsico poderÃa prexudicalo de cara ao futuro, ao
activar mecanismos de comunicación a través da Internet que levarÃan a que o E3
perdese relevancia. De feito, na edición deste ano non tiña previsto participar
Sony e Nintendo xa hai tempo que os seus grandes anuncios os realizan a través
de streaming, polo que o grande valedor da cita poderÃa considerarse que
serÃa Microsoft (o que tampouco serÃa totalmente certo, xa que as súas
presentacións realÃzanse nun recinto separado ao do E3).
