O iPad 3 podería chegar a primeiros de 2012

venres, 19 de agosto do 2011 Marcus Fernández

O The Wall Street Journal comenta que dende Apple están a realizar distintas probas con provedores de compoñentes e ensambladores en Asia do que será a vindeira xeración do iPad, que chegará ao mercado a primeiros de 2012, e que segundo os rumores, podería presentar unha resolución de pantalla superior (2.048 x 1.536 píxeles fronte aos 1.024 x 768 píxeles do modelo actual) conservando o tamaño de 9,7 polgadas, o que resulta bastante difícil de crer por superar a resolución de Full HD (1.920 x 1.080 píxeles) polo que superaría por moito a demanda do público á vez que non contaría con contidos de vídeo atinados para a súa reprodución.
Ao parecer, Apple tería encargado compoñentes para fabricar 1,5 millóns de unidades do novo iPad durante o 4º trimestre do ano, para estar listas a primeiros de 2012, o que hoxe nin sequera parece unha cantidade esaxerada, pois no segundo trimestre do ano Apple conseguiu vender 9,3 millóns de iPads, triplicando a cantidade de unidades vendidas no mesmo período do ano anterior.