O iPad é o agasallo máis desexado para o Nadal nos EE.UU.
xoves, 22 de novembro do 2012

- O iPad é o agasallo máis desexado polos rapaces de entre 6 e 12 anos
Coa chegada do Nadal chega a hora de elixir agasallos, e nos
últimos anos as tendencias foron mudando converténdose a cada paso máis
tecnolóxicas, e para analizar dun xeito obxectivo esta tendencia, Nielsen
realizou nos EE.UU. un estudo sobre os intereses de compra por rangos de idade
que resulta moi ilustrativos, confirmando que Apple fabrica os obxectos máis
desexados, co iPad en cabeza, o que resulta bastante rechamante polo feito de
que se trata dun tipo de dispositivo que leva poucos anos no mercado.
Ao analizar as preferencias de rapaces de entre 6 e 12 anos temos que o 48%
quere un iPad, o 39% unha Wii U, o 36% un iPod touch, o 36% un iPad mini, o 36%
un iPhone e o 31% un ordenador, chegando no resto de preferencias a Nintendo
3DS, a Xbox 360 e a PlayStation 3, entre outros trebellos, o que dá a entender
que os nenos ven os dispositivos de Apple como pontes para o lecer electrónico
máis atractivos que os dispositivos de xogos tradicionais, e só a nova consola
doméstica de Nintendo salvarÃase grazas a ser a grande novidade desta campaña
de Nadal.
Cando miramos a persoas de máis de 13 anos os datos cambian drasticamente,
aÃnda que o iPad continúa a reinar (21%), seguido do ordenador (19%), pero os
maiores non se deixa cegar tanto pola marca Apple, e nun terceiro posto sitúan
a tablets doutras marcas (18%). Tamén desexan adquirir un iPhone (14%), un
televisor conectado (13%) e mesmo un eReader (13%).
En vista destas tendencias parece que os videoxogos e a electrónica de consumo
van ser os principais agasallos de Nadal este ano, mantendo a tendencia dos
últimos anos, e que en boa medida trasládase ao resto de mercados mundiais.

- Os maiores teñen maior diversidade entre as súas preferencias, centrándose considerablemente menos na marca Apple
