O iPod shuffle estrea un modelo vermello

xoves, 6 de setembro do 2007 Marcus Fernández

O máis pequeno da familia do iPod é o shuffle, que sorprendera polo seu formato de pinza, que facilita a súa colocación na roupa do usuario e que está a ser moi imitado polos competidores de Apple, xa que converte os reprodutores multimedia nun accesorio de moda: nun elemento doado de vestir e levar sen que moleste o seu peso nin precise dun peto para o seu transporte.
Pero o iPod shuffle foi unha das grandes decepcións de Apple durante a presentación desta semana, pois se anuncia que conserva prezo e tamaño (1 Gb a 79 euros) mentres que competidores coma Creative vende dispositivos análogos con máis capacidade e prestacións,e con prezos máis competitivos.
Así pois, a novidade do iPod shuffle se limitou á súa oferta de cores, xa que estrea un modelo vermello que reservará parte dos seus beneficios para achegar fondos para a loita contra a SIDA.