O impacto da IA na empresa analizado nun foro da APD

luns, 11 de marzo do 2024 Redacción

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organiza en colaboración con Vodafone Business e Herrero & Asociados a terceira edición do Foro de Tecnoloxía e Negocio, que desenvolverase entre as 9:15 e as 13:00 no Hotel A Quinta da Auga de Santiago de Compostela.
O encontro abordará o impacto da intelixencia artificial e outros retos da nova era tecnolóxica, comezando cun repaso de tendencias da man de Carlos Fernández-Naveira (McKinsey Analytics); para pasar a unha conversa sobre computación cuántica con Carmen Cotelo (Fujitsu) e Luís Pérez-Freire (Gradiant); unha conversa sobre a tecnoloxía como ferramenta para facilitar a sustentabilidade; unha mesa redonda sobre o impacto da IA na empresa moderada Nerea Míguez (Vodafone) con Elena Montenegro (Bimba & Lola) e Andrés Rodríguez (Marine Instruments); unha conversa entre Luís A. Sestelo (Optare Solutions) e Juan D. Arnau (Intasa) sobre tecnoloxía e innovación; e, como peche da xornada, un relatorio sobre oportunidades desafíos da IA na empresa e na sociedade impartido por Leticia Álvarez (Google Cloud).
Esta actividade é de balde para socios da APD.

PUBLICIDADE