O lector de e-books de Barnes & Noble esgótase antes do Nadal

venres, 20 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Os éxito dos dispositivos de lectura de libros electrónico de cara ao Nadal parece inevitable, e antes de que chegue unha boa oferta de contidos para os mesmos, poderían converterse no agasallo tecnolóxico de moda (o que podería ser moi negativo a longo prazo, ante a posible decepción dos consumidores), e coma exemplo xa temos que Sony admite que non pode garantir que entregará a tempo o seu Daily Edition Reader, mentres que o revolucionario Nook de Barnes & Noble veuse totalmente superado pola demanda, e actualmente, se intentamos mercar o trebello na súa web, aparece coma data de entrega do mesmo o 4 de xaneiro, xa que os pedidos actuais xa superan o aprovisionamento do produto posto que as reservas antes do seu lanzamento superaron por moito as expectativas, polo que non son quen de normalizar a comercialización do eReader cunha pantalla secundaria táctil en cor.
Sen dúbida, unha situación que beneficiará a Amazon, posto que xa conta con varios modelos do seu Kindle no mercado, podendo garantir a entrega dos seus dispositivos ao público.