O novo Google Maps Mobile permite a xeolocalización sen GPS
xoves, 29 de novembro do 2007
Google estreou unha nova versión móbil do seu
servizo de mapas que inclúe como principal novidade a función Mi ubicación que
permite amosar a nosa posición no mapa sen precisar de GPS un marxe de erro
aproximado de 1.000
metros, xa que a localización se determina en base ó
contraste das antenas de telefonÃa máis próximas (de xeito que tampouco
funciona en calquera condición).
Se o terminal que executa Google Maps Mobile
ten GPS a nosa posición se verá no mapa mediante un punto azul, que aparecerá
rodeado por unha aureola azul se non se conta con tal tecnoloxÃa (o que indicarÃa
que o resultado non é tan exacto).
A nova versión desta aplicación está dispoñible para a meirande parte de móbiles
do mercado, pois funciona en Java, Blackberry, Windows Mobile e Symbian.