O novo firmware de PS3 inclúe aplicación de galería fotográfica e soporte de DivX 3.11

mércores, 21 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios da PS3 xa poden actualizar o seu firmware á versión 2.60, que incorpora como principal novidade o servizo Photo Gallery, que permite organizar o contido fotográfico almacenado no disco duro da consola (sendo capaz de crear categorías por cores, número de persoas que aparecen, idade dos presentes ou analizando as expresións faciais) á vez que tamén permite crear presentacións de diapositivas con música e animacións.
Tamén actualiza o seu soporte de DivX, que agora tamén reproduce os vellos vídeos en DivX 3.11, permite que os usuarios convidados poidan entrar na PlayStation Store, soporta temas Blu-ray, engade soporte de 3D Secure, permite acceder ao disco duro in-game para borrar calquera dato e tamén mellora a estabilidade do sistema.
Nos vindeiros días, Sony tamén actualizará o firmware da súa consola, a PSP, que chegará á versión 5.03.


Repaso en vídeo das novidades do firmware 2.60 da PS3