O parque europeo de videoconsolas en números

venres, 1 de abril do 2011 Marcus Fernández

A cadea de tendas GameStop vén de publicar datos recadados por IDG que ilustran sobre o marque de videoconsolas que temos en Europa, deixando claro que o panorama comunitario difire bastante tanto da realidade española como da dos EE.UU. ou o Xapón.
As consolas líderes son as de Nintendo (denominador común global), con 46 millóns de unidades da familia de consolas Nintendo DS e 24,9 millóns de Wii, mentres que Sony conseguiu colocar 14,8 millóns de PSP e 14,7 millóns de PlayStation 3, quedando nun último posto a Xbox 360 de Microsoft con 13,7 millóns de unidades.
A distancia entre a Xbox 360 e a PS3 é moi pequena se tempos en conta que no mercado español a consola de Sony cuadriplica en presenza á de Microsoft (como tamén acontece no Xapón). En EE.UU., pola contra, a Xbox 360 supera en máis dun 50% á PS3, de aí que a nivel global a consola de Microsoft lidere o parque de consolas de alta definición.